Ruta circular de 14 km con inicio e remate no encoro de Vilagudín. O primeiro tramo bordea o encoro, unha área de fauna protexida con variedade de especies. Ao remate deste tramo chegamos á capela de Santa Susana en Arcai de Abaixo.
Continuamos a nosa andadura por un camiño que nos ofrece unha pracenteira vista do encoro e que nos leva ata as inmediacións de Santiavedra, onde podemos visitar a ermida e o cruceiro de Santo Estevo en Arcai de Arriba.
O camiño continúa en dirección suroeste, pasando polos lugares de Miñón e Barral, ata chegar a unha derivación polo Pedroso que nos levará ata o Dolmen de Cabaleiros, enlazando tamén coa ruta PR-G 88. Chegados a este punto a R2T continúa dirección sur ata unha estrada que sae da Pontepedra en dirección a Santaia.
En Porto Avial, este sendeiro volve a enlazar coa R1T e fan un tramo único no que atoparemos a Pedra Longa.
A continuación adentrámonos na Acea de Estevo, un entorno que conta con fermosas paraxes. A seguinte parada vai a levarnos ata a Fervenza de Portociños para despois seguir camiño ao punto de partida no encoro de Vilagudín.